Presentación en Boiro de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza

Presentación en Boiro de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza

O vindeiro venres 6 de maio chega a Boiro a presentación da última obra do ensaísta e historiador Francisco Rodríguez: Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza.

Será no Espazo Lector Nobel de Boiro ás 20h. O autor estará acompañado pola propietaria da libraría, Rosa Tubío e a portavoz municipal do BNG de Boiro, Raquel Suárez.