Presentación na Guarda de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza

Presentación na Guarda de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza

O próximo xoves 26 de maio a Fundación Galiza Sempre en colaboración coa A.C Xuliva, presenta na Guarda o último libro do historiador e ensaísta Francisco Rodríguez, Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza.

O acto celebrarase no Centro Cultural da Guarda ás 20h e o autor estará acompañado por Daniel Portela, membro da asociación Xuliva e a escritora Marta Dacosta.