Presentamos Unha etapa estelar e conflitiva en Vilagarcía

Presentamos Unha etapa estelar e conflitiva en Vilagarcía

Este martes 29 de marzo ás 20h achégate ao seminario 2 do Auditorio de Vilagarcía para asistir á presentación de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza de Francisco Rodríguez. Con ela xa van máis de media ducia de presentacións en todo o país e unha segunda edición do libro que está tendo unha acollida sorprendente por parte do público.

Na presentación acompañarán ao autor, o activista social, Xosé Castro Ratón e deputada do BNG no Parlamento Galego e membro do Padroado da Fundación Galiza Sempre, Montse Prado.