REPENSANDO GALIZA: AS IRMANDADES DA FALA, 1916-1931

REPENSANDO GALIZA: AS IRMANDADES DA FALA, 1916-1931

Un pracer para a Fundación Galiza Sempre colaborar no simposio “REPENSANDO GALIZA: AS IRMANDADES DA FALA, 1916-1931″ que se desenvolverá en Santiago de Compostela, no Museo do Pobo Galego entre o 17 e o 19 novembro e impulsado por Uxío-Breogán Diéguez e Revista Murguía.

Este ano cúmprese o centenario da creación das Irmandades da Fala (1916-1931), primeiras organizacións do nacionalismo galego. A súa actividade política, cultural e lingüística implicou un importante punto de inflexión no devir do país en moitos ámbitos e sentou as bases da posterior consolidación de singularidades que chegarán aos nosos días. O presente Congreso pretende actualizar estudos previos e fornecer un marco de análise e debate sobre a súa significación na evolución do pensamento, das ciencias, da literatura e das artes da Galiza, así como a súa incidencia na dinámica política dun período en que as tensións nacionais e a conflitividade socio-política adquiren unha especial relevancia no seo do Estado español.

Consulta o programa.