Roteiro “A vixencia da Xeración Nós 100 anos despois”

Roteiro “A vixencia da Xeración Nós 100 anos despois”

No 100 Aniversario dun dos proxectos máis emblemáticos do nacionalismo galego, a Revista Nós, queremos render homenaxe a unha xeración que marcou profundamente o que hoxe somos como pobo.

Para iso, a Fundación Galiza Sempre organiza un roteiro na cidade de Ourense este sábado 19 de decembro. Sairemos ás 11:30 do Parque de San Lázaro cara un roteiro guiado polo escritor Millán Picouto que nos falará da fonda pegada que a Xeración Nós deixou en Ourense e da vixencia do seu pensamento político.

Para participar é imprescindíbel anotarse a través do correo da Fundación Galiza Sempre: fgs@galizasempre.gal