Soberanía e Xeopolítica

O próximo xoves 2 de novembro ás 19 horas na Casa do Taberneiro a Fundación Galiza Sempre organiza xunto co Espazo Clara Corbelhe unha conversa entre os historiadores e membros do Consello de Redacción do mesmo, Daniela Ferrández e Antom Santos e o sociólogo portorriqueño, Ramón Grosfoguel.

O encontro leva por título Soberanía e Xeopolítica e enmárcase dentro do ciclo Dialogos desde a Periferia, no que a FGS ten a vontade de achegar referencias do ámbito internacional, da esquerda, do soberanismo e dos movementos emancipatorios á Galiza. Particularmente con este diálogo pretendemos abordar a cuestión nacional galega, a autodeterminación post-colonial ou as hipóteses dun proceso independentista a día de hoxe.

  • Ramón Grosfoguel é profesor de socioloxía e activista decolonial. É tamén un gran coñecedor da realidade política da Galiza e do Estado español.
  • Daniela Ferrández é Doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, investigadora e membro da Rede Galega de Estudos Queer.
  • Antom Santos éDoutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e colaborador en varios medios do soberanismo.