SOBERANISMOS: ESTRATEXIAS TRANSFORMADORAS // SOBIRANISMES: ESTRATÈGIES TRANSFORMADORES

SOBERANISMOS: ESTRATEXIAS TRANSFORMADORAS // SOBIRANISMES: ESTRATÈGIES TRANSFORMADORES

A nosa compañeira e amiga do Consello Asesor de Galiza Sempre, Marga do Val participará representando á nosa entidade e ao noso país na xornada aberta de formación Soberanismos: estratexias transformadorasque organiza a Fundacion Darder – Mascaró este sábado 21 de outubro en Palma de Mallorca

O obxectivo desta xornada de debate e formación é facer un repaso ás diferentes estratexias que se están levando a cabo por parte dos diferentes movementos soberanistas das nacións do Estado español para poder acadar a hexemonía social, cultural e electoral nos seus respectivos territorios. Quérese facer especial énfase na capacidade do soberanismo e a liberación nacional como instrumentos de transformación social e de loita contrahexemónica, contra o modelo socioeconómico dominante a nivel global e europeo de forma máis específica.

A pregunta á que queremos dar resposta é que formulacións teóricas, de alianzas e de relato seguen os distintos movementos soberanistas para conxugar a súa tradicional reclamación de soberanía política e autodeterminación dos seus pobos coa construción dun suxeito-pobo como fórmula de consecución da xustiza social e de loita contra o modelo neoliberal. Quérese conquerir conseguir unha visión ámpla e global sobre o tema para determinar se existen ou non estratexias máis ou menos comúns e compartidas entre os diferentes movementos de construción nacional alternativos ao español e que vías conseguiron e conseguen máis éxito na actualidade.