Un urbanismo alternativo

Continuamos cos encontros dentro do ciclo Diálogos desde a Periferia, desta vez o debate centrarase arredor de modelos urbanisticos alternativos que poñan no foco de atención do modelo ás persoas. Para iso contaremos coa xeógrafa urbanista corsa, Antonia Luciani e o profesor e sociólogo italiano, Francesco Tonucci. O encontro estará moderado por Carme da Silva, tenente alcalde de Pontevedra e haberá unha quenda de preguntas para ás persoas que estean seguindo o acto desde as súas casas.

Este encontro está organizado en colaboración coa Fundación Coppieters e poderá seguirse en directo a través da canle de Fb da FGS o martes 10 de novembro a partir das 16:30.