Unha etapa estelar e conflitiva chega a súa III edición

Unha etapa estelar e conflitiva chega a súa III edición

A obra do ensaísta e historiador Francisco Rodríguez, o I tomo de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza chega a súa 3ª edición. O libro afonda no coñecemento sobre a nosa historia, entre os século VIII e XIV co obxectivo de rematar coa terxiversación e ocultación oficial.

A primeira presentación con esta nova edición será o próximo mércores 1 de xuño no conservatorio de Viveiro ás 20h. Nela participará Xulia Canoura e o propio autor, Francisco Rodríguez.