Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza, a última obra de Francisco Rodríguez chega a Estrada

Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza, a última obra de Francisco Rodríguez chega a Estrada

O Museo do Moble e da Madeira da Estrada acolle este xoves 31 de marzo a presentación da última obra do historiador e ensaísta Francisco Rodríguez. En colaboración coa A.C Vagalumes poderás escoitar ao seu autor e á presidenta da asociación, Clara Iglesias ás 20h.

Na presentación haberá exemplares á venda da segunda edición do libro.

Nos vindeiros días anunciaremos novas datas de presentación en máis vilas do país.