Unha ollada á problemática colonial

Unha ollada á problemática colonial

Este mércores 10 de novembro retomamos o ciclo Diálogos desde a Periferia. Será o segundo dos encontros que faremos de forma presencial após a Covid 19. Desta volta contaremos coa sociólogoa e activista mexicana Karina Ochoa.  A nosa convidada fará un achegamento a como foron nacendo as diferentes teorías do decolonialismo en América Latina desde unha perspectiva xeopolítica.

Karina Ochoa é unha feminista, activista e académica mexicana. Doutora en Desenvolvemento Rural pola Universidade Autónoma Metropolitana (UAM) de México, formando parte do Sistema Nacional de Investigación (SNI) de México. Na actualidade é profesora e investigadora na UAM, e forma parte do colectivo La Guillotina. En 2018 colaborou nos libros Conceptos clave en los estudios de género e De lo poscolonial a la descolonización. Genealogías latinoamericanas e en 2014 foi coeditora de Tejiendo de otro modo: Feminismo, epistemología y apuestas descoloniales en Abya Yala. Coa editorial Akal coordinou a obra Miradas en torno al problema colonial: Pensamiento anticolonial y feminismos descoloniales en los sures globales.