Unha resposta desde o soberanismo á hexemonía patriarcal, neoliberal e nacional

Unha resposta desde o soberanismo á hexemonía patriarcal, neoliberal e nacional

O vindeiro martes 19 de abril a Fundación Galiza Sempre en colaboración coa Fundación Coppieters organiza un novo encontro do ciclo Diálogos desde a Periferia. Será en Santiago de Compostela ás 19:00 no Hotel Compostela (Rúa do Hórreo, 1).

Nesta ocasión contaremos coa escritora, filósofa e profesora de Ciencia e Teoría Política da UPV/EHU, Jule Goikoetxea para falarnos dunha alternativa ao discurso hexemónico e as súas políticas patriarcais, neoliberais e nacionais.

Goikoetxea é unha das escritoras e teóricas de referencia en Euskal Herria en canto a estratexia política e feminismo ten a ver. É autora de numerosas publicacións neste ámbito, centradas en Euskal Herria, no estado español mais tamén a nivel europeo, sempre cunha visión global.