V Foro de Fundacións de esquerda soberanista do Estado español

V Foro de Fundacións de esquerda soberanista do Estado español

O día 6 de decembro tivo lugar en Santiago de Compostela o V Foro de Fundacións da Esquerda Soberanista do Estado, asistiron axentes procedentes de Catalunya,as Illes Balears, Euskal Herria e Galiza.

Unha data na que se buscaba por o foco en que 40 anos despois de aprobarse a Constitución de 1978 constátase a imposibilidade dunha plena democratización do Estado pola resistencia das vellas estruturas do réxime anterior e pola falta de vontade política dos grandes partidos españois.

Nun contexto de grave involución democráctica do Estado español é precisa unha unidade de acción para denunciar a falta de liberdades, de dereitos, e reclamar o recoñecemento democrático dos nosos pobos. Agora máis que nunca refórzase a referencialidade do soberanismo transformador fronte a outros proxectos incapaces de facer fronte a esta regresión, algúns deles lamentablemente cada vez máis próximos ás teses do vello españolismo negador da diversidade e uniformizador.

Nesta quinta xuntanza ratificouse a necesidade de compartir visións e experiencias e asumiuse o compromiso de intensificar o traballo en común, tanto a nivel de análise e perspectivas estratéxicas como de relación con outros axentes e acción pública. Neste senso, ademais de apontalar a escola de formación que se celebrará en Donostia os próximos 14, 15 e 16 de febreiro, deuse especial importancia á critíca do réxime do 78 nun novo aniversario da actual Constitución española e, sobre todo, na esixencia cara ao futuro de cambios profundos que garantan o dereito para decidir dos pobos.