Valoración da reunión plenaria e a primeira escola soberanista celebradas en Donostia.

Valoración da reunión plenaria e a primeira escola soberanista celebradas en Donostia.

O espazo de reflexión das fundacións e entidades da esquerda soberanista dos pobos do estado está consolidandose e a nosa primeira Escola de formación foi un éxito.

1: Queremos destacar o fortalecemento do Foro Soberanista.
Este foi o Plenario con máis ampla participación da historia do Foro. Agás algunha ausencia por problemas de axenda, prácticamente todas as entidades permanentes estiveron presentes e sumáronse un importante número de entidades observaroras e/ou convidadas. A reunión serviu para presentar ás novas entidades que se achegaron ao foro e para que elas tiveran un primeiro contacto coas nosas dinámica. En canto aos temas tratados e aos compromisos adquiridos, hai que destacar que o Foro está nunha fase nova da súa traxectoria, na que ademáis das habituais rondas de contraste das visións de cada entidade-terri

torio concrétanse os pasos a dar e asúmense novos retos. Podemos dicir polo tanto que este espazo consolidouse e hai unha notábel fluidez entre as entidades que o compoñen.

2: Bon resultado da Primeira Escola Soberanista
Por vez primeira, máis de 150 persoas dos pobos do estado partillamos unha actividade de formación e reflexión. A Escola deixou un maravilloso sabor de boca nas persoas que participaro nela. A metodoloxía permitiu un gran nivel de participación e debemos dicir que no só cubrimos os obxectivos que nos marcaramos se non que incluso o resultado superou as nosas expectativas. A Escola serviu para crear relacións, tal e como buscábamos. Moita xente coñeceuse ou retomou vellas relacións e as ideas fluiron con bastante facilidade, xerando espazos de confianzas que poden ser moi importantes no futuro.
Reflexionamos sobre os retos do soberanismo no século XXI, prestando especial atención á crise no Reino de España e o panorama internacional. O soberanismo emancipador está medrando en diferentes partes de Europa e constatamos que ofrece u

n horizonte compartido de superación de tóda-las formas de dominación e exclusión. Fronte ao esgotamento ou a debilidade dotras propostas, o soberanismo de esquerdas combina unhas raíces profundas e sólidas coa capacidade de reinventarse continuamente para responder aos retos da época que nos tocou vivir.
A Escola serviu para partillar ideas, achegar puntos de vista e partillar a conveniencia de pensar e actuar en común desde o respecto ás estratexias autocentradas de cada un dos nosos pobos.

3: Denuncia rotunda dunha agresión machista.
Debemos denunciar un feito que volve poñerse sobre a mesa: A continuidade da violencia machista. Unha das persoas participantes na Escola sufriu unha agresión durante o espazo de ocio posterior á Escola, por parte dunha persoa que nada tiña que ver coa mesma. A agresión atopou unha resposta inmediata por parte doutras persoas que participaran na Escola.
Atopámonos diante dun problema estructural ao que debemos enfrontarnos en tódalas esferas da vida social, desde o ocio ata o traballo. Queremos expresar a nosa raiba, a nosa preocupación e a nosa solidariedade e afecto á persoa que sufriu esta agresión e a quen inmediatamente a axudaron nun momento tan duro.
Cremos que como Foro de entidades soberanistas comprometidas coa emancipación feminista, isto debe convidarnos á reflexión e a adoptar medidas preventivas e propositivas. Asumimos este compromiso, que desenvolveremos nos próximos meses.