O Arquivo reúne documentación de organizacións nacionalistas galegas e máis dos seus dirixentes e militantes. Os principais grupos documentais catalogados son os referentes a:

  • Fondos particulares ou persoais
  • Fondos de organizacións
  • Fondos documentais do Nacionalismo Galego
  • Fondo iconográfico e de materiais especiais

Así, por exemplo, dentro do fondo de organizacións está incluída todo a documentación do BNG, referida a Asembleas Nacionais, Campañas socio-políticas, Relacións con outras organizacións, Eleccións, Consello Nacional, etc.