"Cando se cumpren 75 anos da fundación do Partido Galeguista (Pontevedra, 5 e 6 de decembro de 1931) queremos destacar unha das dimensións colectivas, ideolóxicas, dos efectos do golpe de estado franquista e suscitar interrogantes sobre as repercusións na evolución do Pais da práctica desaparición ou esmorecemento do Partido Galeguista ou da Xeración Nós, expresións políticas e culturais da vontade de autogoberno do pobo galego que quedaron truncadas debido á represión, despois dun longo proceso de desenvolvemento de máis de 90 anos".

[texto de presentación da publicación Partido galeguista: a esperanza frustrada. A represión sobre o nacionalismo galego en 1936 que se pode descargar na sección de Publicacións desta páxina