08/01/2010

A evolución (perversa) da política social europea

UN NOVO IDEAS IMPRESAS RECOLLE AS REFLEXIÓNS DA ECONOMISTA MIREN ETXEZARRETA
Miren Etxezarreta, economista e Catedrática Emérita da UAB, Universitat Autónoma de Barcelona, achega na colección Ideas impresas editada por Galiza Sempre unha visión crítica da evolución da política social da Unión Europea. A publicación recolle a conferencia pronunciada na fundación nacionalista no pasado mes de maio.

A Fundación Galiza Sempre prosegue asi o seu ciclo de actuacións sobre desigualdade e exclusión social. En 2008 organizara un seminario con Juan Torres, Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Málaga, e João Teixeira, Doctor en Socioloxía, Profesor e Coordinador do Instituto de Socioloxía da Universidade do Porto, publicando un Ideas Impresas cos textos que resumen as súas exposicións. Nese mesmo ano, FGS impulsou, canda outras organizacións sociais, debates en torno á crise económica ou a alternativas como a renda básica, no marco do Foro Social Galego celebrado en decembro.
Para visualizar os vídeos
precísase Quicktime

campaña mundial

 

fsg