01/03/2010
Charla-coloquio sobre a criminalización das protestas sociais en Chiapas (México)
Segundo denuncia o Centro Fray Bartolomé de Las Casas
www.frayba.org.mx, a defensa dos dereitos humanos en Chiapas é obxecto de intimidacións e ataques nos últimos meses, cun perigo especial para os integrantes das organizacións civís e sociais contrarias ás explotacións mineiras a ceo aberto.
Daniel Luna, activista social en Chiapas dende 1994, abordou esta situación na charla coloquio organizada por Galiza Sempre o 3 de marzo no Centro Sociocultural O Ensanche de Santiago de Compostela.
Daniel Luna reunírase previamente en Bruxelas coa representante e futura eurodeputada do BNG, Ana Miranda. O 11 de marzo, o Parlamento europeo aprobou unha resolución condenatoria sobre a escalada de violencia en México.
http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+TA+P7-TA-2010-0067+0+DOC+XML+V0//PT