12/07/2010
Dereitos de autoría, laicismo e memoria histórica a debate no Festigal
24 E 25 DE XULLO NA GALERÍA DAS IDEAS
A Galería das Ideas do Festigal (24 e 25 de xullo) abrirá ao público debates de actualidade como son as relacións entre igrexa e Estado ou os dereitos de autoría.
O sábado, 24, a partir das 18:30 horas, iniciarase co debate:
“Cultura libre? Dereitos de autoría, creación e cultura galega” con Xabier Seixo de Reditegal; Francisco Alvarellos de A Casa da Música; Pedro Silva, de Blogaliza, Marcos Paino de Komunikando.net e Ana Luisa Bouza, deputada BNG no Parlamento galego.
A continuación, ás 20:00 horas, celebrarase a palestra sobre “A quen beneficia o esquecemento? A voltas coa memoria histórica”. Os poñentes serán os historiadores Xoán Carlos Garrido e Dionisio Pereira; o profesor da USC e coordinador do proxecto Os nomes, As Voces, Lourenzo Fernández Prieto, e a escritora Carmen Blanco.
O domingo, 25 de xullo, ás 18:00 horas, a Marcha Mundial das Mulleres presentará a súa III Acción Internacional, e a seguir, ás 18.30 horas, pechará a Galería das Ideas unha mesa redonda sobre “Relixión, laicismo e sociedade no ano Xacobeo”. Participarán o historiador Francisco Carballo; a xornalista da revista TEMPOS, Comba Campoy; o filósofo e escritor Andrés Torres Queiruga; Anselmo López Carreira, catedrático de Historia e profesor da UNED e a deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán.
Todos os debates están abertos ao público e celebraranse na espazo da Galería das Ideas do FESTIGAL, no Campus Sur de Santiago de Compostela. A Fundación Galiza Sempre, coorganizadora do evento, mostrará tamén no recinto a
exposición Feminismo galego: cambios sociais e dereitos das mulleres. Podes consultar información sobre os concertos o resto da programación en
www.festigal.com