23/07/2010
A crise e o futuro de Europa. A perspectiva dos pobos
XORNADAS DE FORMACIÓN en OUTUBRO
Mentras a crise económica evidencia as eivas do actual entramado institucional europeo, emerxen con forza no continente procesos cívicos a prol da soberanía de vellas nacións sen estado. Neste contexto, en Galiza padecemos unha Xunta que desprecia as potencialidades do autogoberno renunciando a enfrontar con decisión o sombrio panorama económico e os estritos límites recentralizadores que se derivan da sentencia imposta frente ao Estatut catalán polo Tribunal Constitucional.
Para debatir estes asuntos a Fundación Galiza Sempre organiza un ciclo de debates en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e co Centro Maurits Coppieters (CMC), fundación política europea que celebra en Santiago a súa asemblea anual. O CMC, ligado a EFA-ALE, agrupa dende 2007 representantes de diversos movementos nacionais que traballan pola autodeterminación e os dereitos culturais e lingüísticos dos seus pobos na Unión Europea. Está presidido dende 2008 por Xabier Macías, director de Galiza Sempre.
As xornadas celebraranse os días 1, 2 e 27 de OUTUBRO 2010 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela). A iniciativa conta tamén coa colaboración da DEPUTACIÓN DE LUGO, cidade na que se programarán actividades complementarias. En setembro farase pública a programación definitiva.
Avance de programa
Venres 1 de outubro
EUROPA: NACIÓNS EN REDE
Presentación dos proxectos
DILINAME (Digital Library of national movements in Europe)
NISE (National movements and Intermediary Structures in Europe)
NATIONALIA
AMPLIACIÓN INTERNA DA UNIÓN EUROPEA
Gonzalo Constenla. Universidade de Vigo. Secretario Acción Exterior Executiva Nacional do BNG
Josep Vall. Director Fundació Josep Irla (Catalunya)
Camilo Nogueira. EFA BNG MEP 1999-2004
Alfonso González Bondia, profesor de Dereito Comunitario Europeo
da Universitat Rovira i Virgili, co-autor do informe sobre as consecuencias
legais e políticas en caso de secesión ou disolución dun Estado membro da UE
Sábado 2 de outubro
A CRISE E O FUTURO DE EUROPA
Xose Manuel Beiras. Presidente Fundación Galiza Sempre
Ana Miranda. Portavoz BNG no Parlamento Europeo.
Xavier Vence. Catedrático de Economia Aplicada. USC
Carme García Negro. Profesora Titular Economia Aplicada. USC
Jill Evans, Plaid Cymru. EFA MEP Wales
Oriol Junqueras. EFA MEP. Catalunya
Frieda BREPOELS. N-VA Flandes
Ian Hudghton, EFA MEP. SNP. Scotland
Mércores 27 de outubro
DEREITOS COLECTIVOS. A EXPERIENCIA DO QUÉBÉC
Daniel Turp. Université de Montréal. Quebec. Experto en Dereito Constitucional. Vicepresidente do Partit Quebecois
Os estudantes que desexen obter certificado acreditativo como actividade formativa (15h) deben enviar un mail antes do 25 de setembro a fgs[] galizasempre.org indicando nome, apelidos, estudos cursados e teléfono de contacto.