A documentación custodiada no Arquivo FGS pode ser examinada ben directamente, mediante a consulta in situ dos documentos orixinais, ou ben indirectamente, solicitando información a través do servizo de atención ao usuario.
Os requisitos para acceder aos fondos do Arquivo FGS son: solicitar cita previa, acreditar unha finalidade investigadora e presentar o documento de identidade.

Outros servizos que se ofrecen:

  • Sala de investigadores
  • Reprografía (consultar condicións)
  • Atención de consultas vía telefónica, correo ordinario e electrónico
  • Asesoramento sobre a utilización da documentación do Arquivo FGS
  • Asesoramento sobre fontes documentais complementarias
  • Información sobre novos ingresos de fondos
  • Consulta de obras na biblioteca auxiliar
  • Actividades divulgativas