Os textos aquí apresentados corresponden a intervencións de Camilo Nogueira Román como deputado do BNG por Galiza no Plenario do Parlamento Europeu e a iniciativas escritas dirixidas á Comisión Europea e ao Consello. Non recollen as intervencións na Comisións de Pesca; Política Territorial e Transportes; Agricultura; e Constitucional ás que pertenceu, nen en xeral o traballo de política galega ou internacional realizado como deputado fora da Cámara.
Responden a unha visión sobre a sociedade galega e Galiza como nación no seu proprio territorio, no Estado español e no mundo, compreendendo os problemas internacionais e da humanidade.