A crise e o futuro de Europa. A perspectiva dos pobos

A crise e o futuro de Europa. A perspectiva dos pobos

Mentras a crise económica evidencia as eivas do actual entramado institucional europeo, emerxen con forza no continente procesos cívicos a prol da soberanía de vellas nacións sen estado. Neste contexto, en Galiza padecemos unha Xunta que desprecia as potencialidades do autogoberno renunciando a enfrontar con decisión o sombrio panorama económico e os estritos límites recentralizadores que se derivan da sentencia imposta frente ao Estatut catalán polo Tribunal Constitucional.

Para debatir estes asuntos a Fundación Galiza Sempre organiza un ciclo de debates en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e co Centro Maurits Coppieters (CMC), fundación política europea que celebra en Santiago a súa asemblea anual. O CMC, ligado a EFA-ALE, agrupa dende 2007 representantes de diversos movementos nacionais que traballan pola autodeterminación e os dereitos culturais e lingüísticos dos seus pobos na Unión Europea. Está presidido desde 2008 por Xabier Macías, director de Galiza Sempre.

As xornadas celebraranse os días 1, 2 e 27 de OUTUBRO de 2010 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela). A iniciativa conta tamén coa colaboración da DEPUTACIÓN DE LUGO, cidade na que se programarán actividades complementarias.

Programa
VENRES 1 DE OUTUBRO
12:00h. Auditorio do Museo do Pobo Galego
Nacións en rede | Nations in network
Presentación de proxectos para a divulgación de experiencias dos movementos das nacións sen estado europeas

DILINAME. Digital Library of National Movements in Europe. FGS e CMC
NISE National movements and Intermediary Structures in Europe. ADVN (Flandes)
NATIONALIA. CIEMEN (Catalunya)

Participantes e convidados:
Tania Ameneiro (FGS) | Manuel Anxo Fdez. Baz (FGS) | Manoel Santos. DILINAME Coordinator (CMC) | Luc Boeva (ADVN, NISE) | David Forniès (CIEMEN). Nationalia | Ignasi Centelles (CMC) | Xusto Beramendi | Fundación Bautista Álvarez | Fundación Castelao | Fundación Vicente Risco | Centro de Estudos e Documentación Alexandre Bóveda.

19:30h. Auditorio do Museo do Pobo Galego
A ampliación interna da Unión Europea
Gonzalo Constenla. Universidade de Vigo. Secretario Acción Exterior do BNG
Josep Vall. Director Fundació Josep Irla. Catalunya
Camilo Nogueira. Deputado no Parlamento europeo 1999-2004

Alfonso González Bondia, Profesor de Dereito Comunitario Europeo da Universitat Rovira i Virgili, co-autor do informe sobre a ampliación interna da Unión Europea: consecuencias legais e políticas en caso de secesión ou disolución dun Estado membro da UE (CMC 2010).

SÁBADO 2 DE OUTUBRO.
10:30 a 14h. Auditorio do Museo do Pobo Galego
A crise e o futuro de Europa. A perspectiva dos pobos
10:30h. Apertura
Xosé Manuel Beiras. Presidente da Fundación Galiza Sempre

10:45h Debate
Ana Miranda. Portavoz do BNG no Parlamento Europeo.
Xavier Vence. Catedrático de Economia Aplicada. USC
Carme García Negro. Profesora Titular Economia Aplicada. USC
Oriol Junqueras. EFA MEP. Deputado no Parlamento europeo ERC. Catalunya
Jill Evans, Plaid Cymru. EFA MEP. Deputada no Parlamento europeo. Wales
Matthias Diependaele, diputado de NVA no Parlamento Flamenco. Flandes

13:15 Clausura
Xabier Macías. Director Fundación Galiza Sempre. Presidente do Centre Maurits Coppieters
Günther Dauwen. Director da Alianza Libre Europea ALE
Guillerme Vázquez. Portavoz Nacional do BNG

MÉRCORES 27 DE OUTUBRO. 19h
Dereitos colectivos. A experiencia do Québéc
Conferencia de Daniel Turp.
Experto en Dereito Constitucional Université de Montréal. Quebec
Vicepresidente Partit Quebecois

Organiza: FUNDACIÓN GALIZA SEMPRE
Colaboran: USC | DEPUTACIÓN DE LUGO | CENTRO MAURITS COPPIETERS
MUSEO DO POBO GALEGO

MATRÍCULA ESTUDANTES. Para obter certificado acreditativo como actividade formativa (18h) cómpre enviar un mail antes do 30 de setembro a fgs@galizasempre.org indicando nome, apelidos, estudos cursados e teléfono de contacto.