DEREITOS DOS POBOS DE EUROPA. ENCONTROS INTERNACIONAIS

DEREITOS DOS POBOS DE EUROPA. ENCONTROS INTERNACIONAIS

DEREITOS DOS POBOS DE EUROPA. ENCONTROS INTERNACIONAIS
Os pobos de Europa e a articulación dos seus dereitos na UE e nos seus Estados membros

Programa de encontros internacionais que darán comezo esta quinta feira, 19 de abril ás 17h30 na facultade de CC Políticas e Sociais da USC. Os obxectivos son:
1) promover unha actividade formativa e de investigación dos antecedentes e da traxectoria nos últimos cen anos dos movementos socio-políticos defensores dos dereitos das nacións sen Estado de Europa como suxeitos de transformación desde a xustiza e o benestar social, probando que non foron os causantes do males de Europa, senón os Estados coa súa actuación imperialista (a primeira e a segunda grande guerra europeas foron unha confrontación entre Estados imperialistas);
2) coñecer a articulación dos dereitos dos pobos e das nacións sen Estado de Europa na creación e posterior consolidación da Unión Europea como proxecto máis económico que social, onde o dereito a decidir é visto como obstáculo ás liberdades do mercado;
3) promover o intercambio e o coñecemento das iniciativas e experiencias existentes nos pobos e nacións sen Estado de Europa na posta en práctica do seu dereito a decidir e das súas alternativas soberanistas, dando conta da dura represión por parte dos Estados imperialistas que negan o seu dereito a seren libres.

1ª Mesa: A cuestión nacional na Europa da primeira metade do século XX. O caso ibérico.
Quinta feira, 19 Abril. 17h30. Salón de graos. Faculdade de CC Políticas. USC. Compostela
Presenta: Francisco Jorquera, Presidente da Fundación Galiza Sempre.
Modera: María do Carme García Negro, profesora da USC Ad Honorem e membro do consello científico asesor da Coppieters Foundation.
Interveñen:
Dr. Giovianni C. Cattini. Profesor da Universitat de Barcelona. O dilema das fronteiras na Europa entre guerras. O caso do nacionalismo catalán.
Dr. Eduardo José Alonso Olea. Profesor da Euskal Herriko Univertsitatea. Nacionalismo vasco e españolismo. Exemplo do principio de acción reacción. (1914-1937)
Dr. Uxío – Breogán Diéguez. Profesor da Universidade da Coruña.O nacionalismo galego na primeira metade do s.XX, na perspectiva do centenario da ‘Asambreia Nazonalista de Lugo’.

2ª Mesa: A articulación dos dereitos dos pobos de Europa no proceso de construción da Unión Europea.
Sábado 7 de Xullo. 10h00. Centro Universitario Riazor. A Coruña
Presenta e modera: Xosé Manuel Carril. Profesor titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Universidade da Coruña
Interveñen:
Albert Noguera. Profesor de Dereito Constitucional. Universidade de Valencia. A Unión Europea como clube de Estados e non como unión dos pobos e nacións de Europa.
Mikael Bodlore- Penlaez (sc). Activista bretón, experto en minorías nacionais, impulsor da extensión .bzh e fundador do portal eurominority.eu. Atlas das Nacións sen Estado de Europa.
Encarna Otero Cepeda (sc). Historiadora. Luis Gonçales Blasco (“Foz”). Exerceu como profesor de Língua e Literatura Galega. Membro da AGAL e académico da AGLP. A carta de Brest e a loita polo recoñecemento de Galiza como nación en Europa.

3ª Mesa: Dereito a decidir dos pobos de Europa: Democracia e xustiza social
Cuarta feira, 25 de Xullo. 17h00 Compostela. FESTIGAL
Mesa redonda de representantes de forzas políticas das nacións sen Estado de Europa (pte confirmar asistentes)

4ª Mesa: A soberanía: alternativa á ditadura do mercado.
Outubro. Data a confirmar. Compostela
Jule Goikoetxea. Filósofa da UPV. Cara unha democracia feminista: soberanía e emancipación na Europa actual.
Andrés Piqueras Infante. Profesor Titular de Antropoloxía Social e Socioloxía Social da Universitat Jaume I de Castelló (UJI). Soberanismo como desproletarización. A reapropiación do que é o noso fronte ao capitalismo mafioso, de desposeimento.