Nunca Máis. 20 anos da maior resposta social do pobo galego

Nunca Máis. 20 anos da maior resposta social do pobo galego

O próximo xoves 1 de decembro coincidindo cos 20 anos da primeira manifestación masiva convocada pola Plataforma Nunca Máis, presentaremos o libro editado pola FGS Nunca Máis. 20 anos da maior resposta social do pobo galego. A obra está composta por 15 artigos escritos por distintas persoas que conformaron a Xestora de Nunca Máis e nos que poñen de relevancia o papel do nacionalismo galego nos distintos ámbitos.

  • Día: xoves 1 de decembro
  • Hora: 18h
  • Lugar: A Casa do Taberneiro