O libro “40 anos ao servizo da Galiza” presentarase en Madrid

O libro “40 anos ao servizo da Galiza” presentarase en Madrid

O vindeiro 22 de marzo ás 19:30 terá lugar no Centro Galego de Madrid a presentación da obra editada pola Fundación Galiza Sempre co gallo do 40 aniversario do BNG, “40 anos ao servizo da Galiza”.

O acto contará coas inervencións de militancia emigrada e Néstor Rego, militante fundacional e portavoz do BNG nas Cortes españolas. Alén da presentación do libro, o encontro será tamén un recoñecemento á militancia histórica da comarca da emigración.

Se nesas datas andas por Madrid, non dubides en achegarte para facerte cun exemplar da obra e celebrar con nós os 40 anos do Bloque Nacionalista Galego.