Presentación do caderno ’80 anos do Sempre en Galiza’ en Vigo

Presentación do caderno ’80 anos do Sempre en Galiza’ en Vigo

Con motivo do 80 aniversario da saída do prelo da primeira edición do Sempre en Galiza, a Fundación Galiza Sempre editou un novo número da colección Grandes Efemérides de Galiza dedicado a publicación da obra. Desta volta fíxoo da man dun dos maiores estudosos de Castelao e da súa obra, Manuel Rei Romeu.

O Sempre en Galiza é a obra máis importante do nacionalismo galego, e desde o padroado da FGS entendíamos que tiña unha importancia vital traer ao presente o seu corpus teórico para abordar a súa vixencia. Neste senso, a primeira das presentacións da publicación será o vindeiro martes 19 ás 20 horas na Libraría Cartabón de Vigo.

No acto contaremos con Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG, Montse Prado, membro do padroado da Fundación Galiza Sempre e responsábel de formación do BNG e co autor da publicación, Manuel Rei.

O documento pode conseguirse en formato físico en calquera presentación ou descargalo na seguinte ligazón:

https://www.bng.gal/media/bnggaliza/files/2024/03/10/80SempreEnGaliza_def.pdf