Presentación en Lugo do caderno O ferrocarril en Galiza

Presentación en Lugo do caderno O ferrocarril en Galiza

A Fundación Galiza Sempre continúa coa xeira de presentacións do monográfico sobre as infraestruturas ferroviarias na Galiza. A próxima delas será o vindeiro xoves 23 de novembro no patio do Vello Cárcere de Lugo ás 20:15. O informe realizado polos xeógrafos da Universidade de Santiago de Compostela, Mateo Varela, Miguel Pazos e Rubén Lois recolle unha análise sobre a historia, a situación actual e as perspectivas de futuro da rede ferroviaria galega.

O acto contará coa concelleira de cultura de Lugo, Maite Ferreiro e dous dos coautores da elaboración do informe, Mateo Varela e Rubén Lois.

O informe é unha contribución elaborado desde un punto de vista académico e técnico para a creación dunha alternativa seria e ambiciosa de dotar a Galiza dunha rede ferroviaria a altura do século XXI. Na presentación poderás facerte cun exemplar do caderno.

Esta colección conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña