Roteiro pola Betanzos de Faraldo

Roteiro pola Betanzos de Faraldo

Este sábado 17 de setembro ás 12h terá lugar en Betanzos un roteiro dedicado á figura de Antolín Faraldo. Con esta actividade poñemos fin desde a Fundación Galiza Sempre e o BNG das Mariñas aos actos en homenaxe a Faraldo no bicentenario do seu nacemento.

O roteiro estará guiado polo betanceiro e estudoso da figura de Antolín, Henrique del Río. O punto de encontro será a Praza do Concello.