A dereita ultraliberal conservadora seguirá tentando impoñer a súa ideoloxía | Fonoteca FGS

A dereita ultraliberal conservadora seguirá tentando impoñer a súa ideoloxía | Fonoteca FGS

Xabier Macías, director de Galiza Sempre, coincidía nesta diagnose cos demais participantes no debate sobre a crise do neoliberalismo organizado en decembro de 2008 pola Fundación Galiza Sempre, a CIG e Altermundo no marco do Foro Social Galego. Na presentación das intervencións de Xavier Vence, Carme Santamariña e Toni Doménech, Macias resaltaba “a indignación que producía o diñeiro adicado a salvar a banca” alertando de que, malia o seu evidente desprestixio, a crise non era “a derrota do sistema”. Citando o programa aprobado daquela polas xuventudes do PP madrileño (eliminación do salario mínimo; privatización da educación e a sanidade; desaparición dos sindicatos; ofensiva contra a cultura do 68,…) exemplificaba a “ideoloxía de extrema dereita, ultraliberal e conservadora, que seguiría tentando imponer o seu modelo”.

Galiza Sempre promoveu e compartíu tamén no mesmo Foro debates sobre a Soberanía alimentaria, Renda Básica, a situación do galego ou a participación de Galiza como nación no proceso do FSM.

ENLACE 7: http://galizasempre.org/fundacion/novas/dereita-ultraliberal-conservadora-seguira-tentando-imponer-sua-ideoloxia-fonoteca