Vivir no franquismo era francamente difícil

Vivir no franquismo era francamente difícil

Xavier Castro, historiador e Catedrático na Universidade de Santiago de Compostela analizou a vida galega baixo a ditadura nos debates sobre o franquismo contemporáneo organizados pola Fundación Galiza Sempre en 2007. Rescatamos agora dous momentos da súa intervención. No primeiro, recollido neste video, fala da marxinación que se vivía en todos os ámbitos, describíndoa con pequenos e reveladores exemplos do tipo de “escolas violentas e agresivas onde os nenos eran maltratados e ninguneados”.

A respecto da situación das mulleres, Castro destaca “a marcha atrás brutal que o franquismo supuxo con respecto aos avances conseguidos durante a II República española”. Pódelo ver aquí.

(Na foto, Xavier Castro -en primeiro termo- a carón de Nanina Santos e Xabier Macias antes da súa intervención no coloquio: O Pobo como vítima, nas Xornadas O Franquismo contemporáneo: memoria e secuelas)